O pasado sábado 24 de marzo, celebrouse unha xornada solidaria no colexio marista A Inmaculada de Lugo que puxo o punto final a unha semana de actividades sobre solidariedade nas clases, principalmente nas horas de titoría. O principal é recadar cartos para axudar a realizar algún proxecto que a ONG marista SED ten polo mundo e para o que necesitan que se colabore para axudar ás persoas necesitadas de África ou de América do Sur. Este ano a xuda vai destinada a mellorar as condicións educativas en KALULUSHI, que é unha cidade dun país africano chamado Zambia.
As actividades principais foron os encontros deportivos, os xogos e o bocata solidario. O tempo axudou moito porque fixo un día soleado e cunha temperatura que xa nos gustaría ter no verán.
No colexio marista de Lugo leva moitos anos celebrándose esta xornada, polo menos dende que eu entrei e cada ano participan moitos alumnos e alumnas, profesores, profesoras, pais, nais e tamén se ve algún ex alumno. O que máis chamou a atención deste ano foi a cantidade de participantes que houbo, máis que nos últimos anos, isto demostra o cómodos que se encontran nenos e pais no colexio e as ganas que hai de axudar coa achega que se desexe dar. Para participar na xornada cada un ten que aportar unha pequena cantidade que logo se destinará ó proxecto.
Houbo deportes e xogos dende as once da mañá ata as seis da tarde. Neles participaron os alumnos de terceiro de primaria ata cuarto da ESO e tamén os pais e os profesores que se apuntaron ó longo da semana. Quen quixo apuntouse a fútbol, baloncesto, ping-pong e frontón. Houbo unha mostra de Kárate e xogos como o pongo bingo, a Wii e lanzamento de globos de auga a profesores. Esta última actividade foi moi divertida e tivo moito éxito .Moitos pais, nais, nenos e nenas tiraron globos deixando completamente mollados ós profesores e profesoras. Tamén había unha tenda solidaria. Entre as dúas e as tres da tarde os participantes comeron un bocadillo, chocolate e auga que adquiriron polo prezo de cinco euros.
2 comentarios:
Foi moi divertida esta xornada, espero que o ano que ven sexa tan divertida coma este. Paseino moi ben xogando con meus amigos.
Foi moi bonito e entretido.
Publicar un comentario