9 de maio de 2012

FESTA DA LINGUA EN PONTEVEDRA

Por Laura Sánchez

O día 24 de abril de 2012, os alumnos de 1º da ESO do Colexio Maristas  A Inmaculada, xunto cos alumnos doutros centros de diferentes partes de Galicia, asistiron como público a un evento que tivo lugar en Pontevedra, coñecido como “A FESTA DA LINGUA”, onde todos pasaron un fantástico día cheo de sorpresas.
Primeiro foi a saída do centro, a viaxe en autobús e a chegada. Todos os alumnos describirían a viaxe (tanto a de ida como a de volta) demasiado longa e aburrida, para os nenos que non tiñan a sorte de dispoñer aparellos electrónicos cos que se puidesen entreter.
Ao chegar a Pontevedra, a primeira actividade consistiu no encontro cos escritores dos libros lidos  ao longo do curso, que son: Dragal de Elena Gallego Abad, Violeta Tamurana Andrea Maceiras e Suso Espada “Nota Roja” Francisco X. Fernandez Naval, aínda que o autor non puido asistir por motivos persoais. Todos os nenos puidemos formularlles preguntas ás autoras que aistiron.Tamén tivo lugar a entrega dos premios, no que o gañador foi o que acadou máis votos do alumnado, Dragal.
A seguinte actividade tiña como finalidade xuntar en grupos a todos os alumnos, mesturando os rapaces de todos os centros para resolver “o misterio” dun conto lido por unha persoa da organización, respondendo as preguntas formuladas e xogando todos xuntos, onde a opinión de todos era importante.
Ao pasar a un novo auditorio, os alumnos coñeceron ao escritor e ilustrador de contos Anxo Fariñas, que lles descubriu a todos os seus coñecementos e os seus segredos para que os seus traballos tivesen tanta calidade. Con diferentes colaboradores elixidos ao azar no público, fixo a súa explicación máis divertida. A actividade que máis destacou foi o retrato fantástico que fixo a un alumno escollido entre o gran grupo de espectadores. Todos quedaron sorprendidos polo seu magnífico traballo.
Por último houbo unha obra de teatro, que causou un sorriso en todos os nenos. A comida seguiu ó teatro e por último tivo lugar o regreso a Lugo. Foi un día perfecto onde aprendemos, rimos e gozamos en compañía dos nosos compañeiros e doutros rapaces  doutros centros.

Ningún comentario: