Fai dúas semanas produciuse no noso colexio a volta ao cole despois das vacacións de Nadal, como é típico ninguén quería volver e costou moito coller o ritmo.
En 3º A da E.S.O a primeira hora dese luns notouse moito que os alumnos estaban moi adormilados e moi faladores debido a que querían comentar cos seus compañeiros os seus agasallos de Nadal. Na segunda hora parecía que ían collendo mellor o ritmo, pero de tódalas formas os alumnos non estaban do todo situado nas clases.
Nesa primeira semana de colexio do segundo trimestre os alumnos ían collendo o ritmo e empezábanse a "extresar" , debido a que lles ían dando máis exames, traballos que facer e libros que ler. No caso dos alumnos de 4º da E.S.O sería todo máis relaxado debido a que na segunda semana tras empezar as clases iríanse a Andorra de semana Branca; pero, por exemplo, no caso 1º, 2º e 3º da E.S.O sería todo o contrario debido a que nesa semana na que algúns alumnos estaban a esquiar, outros comezaban os exames.
Ningún comentario:
Publicar un comentario