3 de feb. de 2011

FESTIVAL NADAL DE MARISTAS

Por: Alicia García Penedo e Alba Real Rodríguez. 


O 21 de decembro do ano pasado os alumnos da ESO do colexio Maristas celebraron un festival de Nadal no que participaron todos os alumnos. O festival tivo lugar no colexio San José e comezou sobre as once da mañá. As actuacións foron moi diferentes: houbo panxoliñas, unha actuación de acrosport realizada polos alumnos e alumnas de 3º, unhas nenas de 2º fixeron un baile, una nena de 3º cantou unha canción e os alumnos e alumnas de 4º fixeron unhas actuacións de expresión corporal. Todas elas foron presentadas polos rapaces e rapazas de 4º mediante unhas cómicas interpretacións.
O festival foi aberto coas actuacións de expresión corporal dos nenos e nenas de 4º, que comezaron cunha graciosa actuación duns paxaros, seguida dunha cunha porta. Despois viñeron todas as panxoliñas e demais actuacións como o baile de tres rapazas de 2º e unha canción cantada pola alumna Ana de 3º. Unha actuación que cómpre destacar foi a dos rapaces de 3º, que fixeron acrosport. Tratábase da historia dunha caixiña de música que se ía abrindo e dentro había unha bailarina, esta saía da caixiña e observaba todas as construccións que ían facendo. A actuación foi moi boa e recibiu un montón de aplausos por parte do público.
Ó final púxose unha presentación na que aparecían as fotos do concurso de fotografía de Nadal realizado no colexio, na que tamén estaban as postais feitas polos nenos de infantil e 1º e 2º ciclo de primaria.
O festival pechouse coa canción Angels cantada por tódolos rapaces e rapazas de 2º, 3º e 4º da ESO. Para o que levaban unhas lanternas coas que alumeaban cara arriba.

Ningún comentario: