Detrás da miña casa hai un bosque cun muíño e unha ponte, a onde cada outono me gusta ir para poder relaxarme contemplando o movemento do río e a caída das follas, cunha brisa de aire fresco que pasa a través das árbores.
O son do río penetrando nos teus oídos pode compararse a unha badalada dunha orquestra.
As castañas adornan as árbores coma se fosen árbores do nadal, coa súa estrela coroando o cume.
Un camiño de follas que embelecen o chan coa súa cor dourada, coma un regato de ouro.
Esta combinación é o que me fai sentir relaxado e mellor persoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario