Por Carla Carballal Gandoy
Un día frío de outono, a xente paseaba polo parque con nostalxia. O sol dicía adeus ata o ano seguinte e todos tiñamos que quitar, dos nosos armarios, as nosas luvas, bufandas, abrigos...
Á mesma vez que sentiamos dor e tristeza pola pérdida do marabilloso verán que pasaramos, os nenos atopábanse contentos, felices e alegres por estrear a súa nova e limpa roupa.
Ao redor dos bancos atopábanse todas as follas das distintas cores que voaban e xiraban ao teu redor como dicindo “xoga con nós”. Desprendían un olor fresco e natural, fóra da contaminación.
Algunhas froitas xa maduras, caían das árbores, como pequenas gotas de chuvia e os nenos máis trastos aproveitaban e collíanas con moita delicadeza e saboreaban o seu exquisito toque, que tiñan, ao ser collidas da árbore.
A pesar de ser unha paisaxe non tan alegre coma a primavera, era espectacular, ver todas aquelas follas, distintas pero iguais e aqueles paxariños que viaxaban cun rumbo especial. O son que desprendían, facía que a xente se tranquilizara e estivera de mellor humor.
Castañas, mazás, ventos fríos; o outono volve a comezar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario