Por Ten De Olano Rivas
O meu lugar favorito é O Caurel. No Caurel síntome libre e sen impedimentos, encántame escoitar o ruído do vento e a sonaridade das gotas de auga caendo pola costa abaixo. Nos bosques síntome rodeada por un olor a eucalipto, o sabor das frambuesas que caen das árbores e o son dos lobos ouveando.
O Caurel é o meu lugar favorito no outono porque está cheo de cor, as follas no chan asemellan un mas de cores moi peculiar con castañas polo fondo.
O outono é unha época fría e máis no Caurel pero ali nos fermosos bosques síntome como na casa quizais foi porque ali pasei o meu primeiro outono pero a cousa é que os seus bosques son moi entrañables porque penso que aínda son pequena e nunca vou a crecer e que eses bosques van a perdurar toda a vida.
Encántame comer vendo polas fiestras caer as follas cheas de cores alegres e merendar tomando un chocolate quente vendo chover pola ventá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario