26 de feb. de 2010

DEPORTES

MARTES 7 DECEMBRO 2009
BALONCESTO
Onte pola tarde o equipo de baloncesto do noso instituto gañou aínda que tivo moitos problemas. Dous dos seus xogadores lesionáronse e por riba era o partido máis difícil da tempada.
Os resultados do partido foron 89-88. Salvounos o número 7 Francisco que no último segundo marcou unha tripla dende o medio do campo.
Os ánimos do equipo decaían cada vez máis pero a nosa mascota o papagaio animounos ata acabar mallado. Quédanos un partido para gañar a copa da liga de institutos lucenses. ¡ A por ela campións!
VOLEIBOL
Mentres que sucedía isto no Polideportivo Municipal, no “Pazo Municipal de Deportes” o noso equipo de voleibol do instituto os “gatos salvaxes” tivo unha tremenda derrota contra os “tiburóns brancos” que lles gañaron por tres sets a cero.
FÚTBOL
No partido que xogaba o “Maristas” contra a “Milagrosa” o noso colexio obtivo moi bos resultados. O noso porteiro Daniel parou moi bos tiros, todos do noso contrincante Pepito.
“Estou moi orgulloso dos nosos resultados encántame adestrar a estes mozos son moi activos e interésalles este deporte” dicíanos onte Xoán Pedro o adestrador deste equipo tan interesante.
Xabier que é destro xoga como punta esquerda e Pablo, que é un dos mellores porteiros da nosa cidade, xoga como centrocampista.  Isto é o que máis estraña ó público.

Ningún comentario: