26 de feb. de 2010

CONCURSO CARTAS DE AMOR

CONCURSO CARTAS DE AMOR

BASES:

  1. Tema: amoroso en calquera da súas dimensións: fraternal, paternal, paixón, namoramento, desamor...
  2. Estilo: Tipo de letra Arial,. Tamaño 12. Interliñado: dobre.
  3. Idioma: galego.
  4. Extensión máxima 2 páxinas.
  5. Debe figurar o nome e apelidos do autor/a, número, curso e  grupo.
  6. De querer que se lle envíe a carta a alguén en concreto, debe figurar o enderezo electrónico do destinatario/a
  7. Empregarase procesador de textos Word ou calquera de software libre.
  8. Entregaranse no seguinte enderezo electrónico: presentacionsgalego@gmail.com.
  9. Último día de entrega 8 de marzo.
  10. O premio poderá quedar deserto se o xurado considera que as cartas entregadas non achegan a suficiente calidade.
  11. O Xurado estará formado polos membros do Equipo de Normalización Lingüística do colexio. A súa decisión será inapelable.
  12. O premio será dunha tarxeta para teléfono móbil ou similar.
  13. Categorías:
    1. Primeira: 1º e 2º ESO.
    2. Segunda: 3º e 4º ESO.

CONCURSO DE PRESENTACIÓNS DE POWERPOINT

BASES:

  1. Tema: amoroso en calquera da súas dimensións: fraternal, paternal, paixón, namoramento, desamor...
  2. Estilo: Tipo de letra Arial,.
  3. Idioma: galego.
  4. Extensión máxima 12 diapositivas-mínima 6 diapositivas.
  5. Deben ir acompañadas de imaxes libres de dereitos así como da música, no caso de poñelas.
  6. Debe figurar o nome e apelidos do autor/a, número, curso e  grupo.
  7. De querer que se lle envíe a presentación a alguén en concreto, debe figurar o enderezo electrónico do destinatario/a
  8. Empregarase o PowerPoint ou calquera programa de software libre.
  9. Entregaranse no seguinte enderezo electrónico: presentacionsgalego@gmail.com.
  10. Último día de entrega 8 de marzo.
  11. O premio poderá quedar deserto se o xurado considera que as presentacións entregadas non achegan a suficiente calidade.
  12. O Xurado estará formado polos membros do Equipo de Normalización Lingüística do colexio. A súa decisión será inapelable.
  1. O premio será dunha tarxeta para teléfono móbil ou similar.
  1. Categorías:

a.    Primeira: 1º e 2º ESO.

b.    Segunda: 3º e 4º ESO.

 


Ningún comentario: