Ana Paredes Vázquez nº16 4ºB ESO A estrutura do programa de radio pareceume moi orixinal ao engadir unha enquisa,algo curta, aínda que deberían centrarse máis no autor. Explicaron moi ben a súa vida, a época onde se atopaba e a súa obra. Dentro dos contidos faltou unha música de fondo que sempre o fai máis chamativo e algún anuncio. Para facelo máis interesante e sinxelo de escoitar, empregaría outro tono de voz, o levaría máis preparado para evitar erros, porque aínda que lesen un pouco non se notaría, e evitaría introducir algún castelanismo. En conclusión pareceume un bo programa de radio.
Laura Reija Fonteboa Nº 19 4ºB ESO A estrutura do programa de radio gustoume moito, xa que comezan cunha enquisa,que fai máis ameno o programa, participando así unha persoa que non está no grupo. Na miña opinión sería moito mellor alongar a enquisa que fan no principio do audio, xa que así é moito máis entretido e poden mentres tanto falar do autor, Ramón Otero Pedrayo. En canto aos contidos considero que está moi ben, xa que non só falan da biografía do autor, senón que tamén comentan as súas obras. A linguaxe empregada é correcta, mais en algunha ocasión pódense escoitar varios castelanismos, que sería mellor suprimir. O ton de voz fai que o audio sexa ameno. É axeitado para unha enquisa e tamén para explicar quen foi Pedrayo. En xeral gustoume, aínda que eu poñería música mentres que están a falar, xa que así non se escoitaría tanto as voces de fondo. Tampouco puxeron anuncios. Aínda así pareceume moi bo o traballo dos meus compañeiros.
Miguel Silva González 4ºB Nº22 En canto á estrutura do traballo, paréceme axeitada. No inicio presentan o programa e os contidos que van a desenvolver nel. Fan unha breve introdución do autor. O nó paréceme pouco orixinal e monótono, agás a idea da enquisa inicial, coa que se aprenden datos moi importantes sobre a vida do autor dun xeito máis lúdico e humorístico. Eu incluiría unha entrevista ou concurso. O desenlace é o adecuado, resumen os contidos e despídense dos oíntes. No referido aos contidos, opino que tocan todos os aspectos importantes da vida e obra do autor, mesmo algúns dos que nós non falamos no noso traballo, como o tema dalgunhas obras que nós só nomeamos. Boto en falta música de fondo ou entre cada momento do programa e algún anuncio, o que fai que sexa moi monótono. Empregan un rexistro formal malia que se nota bastante que están a ler. Nalgunhas partes, sobre todo ao principio, non se lles entende moi ben polo excesivo ruído de fondo. Empregan algún castelanismo. O conxunto do traballo paréceme bo.
3 comentarios:
Ana Paredes Vázquez nº16 4ºB ESO
A estrutura do programa de radio pareceume moi orixinal ao engadir unha enquisa,algo curta, aínda que deberían centrarse máis no autor.
Explicaron moi ben a súa vida, a época onde se atopaba e a súa obra.
Dentro dos contidos faltou unha música de fondo que sempre o fai máis chamativo e algún anuncio.
Para facelo máis interesante e sinxelo de escoitar, empregaría outro tono de voz, o levaría máis preparado para evitar erros, porque aínda que lesen un pouco non se notaría, e evitaría introducir algún castelanismo.
En conclusión pareceume un bo programa de radio.
Laura Reija Fonteboa Nº 19 4ºB ESO
A estrutura do programa de radio gustoume moito, xa que comezan cunha enquisa,que fai máis ameno o programa, participando así unha persoa que non está no grupo.
Na miña opinión sería moito mellor alongar a enquisa que fan no principio do audio, xa que así é moito máis entretido e poden mentres tanto falar do autor, Ramón Otero Pedrayo.
En canto aos contidos considero que está moi ben, xa que non só falan da biografía do autor, senón que tamén comentan as súas obras.
A linguaxe empregada é correcta, mais en algunha ocasión pódense escoitar varios castelanismos, que sería mellor suprimir.
O ton de voz fai que o audio sexa ameno. É axeitado para unha enquisa e tamén para explicar quen foi Pedrayo.
En xeral gustoume, aínda que eu poñería música mentres que están a falar, xa que así non se escoitaría tanto as voces de fondo. Tampouco puxeron anuncios.
Aínda así pareceume moi bo o traballo dos meus compañeiros.
Miguel Silva González 4ºB Nº22
En canto á estrutura do traballo, paréceme axeitada. No inicio presentan o programa e os contidos que van a desenvolver nel. Fan unha breve introdución do autor. O nó paréceme pouco orixinal e monótono, agás a idea da enquisa inicial, coa que se aprenden datos moi importantes sobre a vida do autor dun xeito máis lúdico e humorístico. Eu incluiría unha entrevista ou concurso. O desenlace é o adecuado, resumen os contidos e despídense dos oíntes. No referido aos contidos, opino que tocan todos os aspectos importantes da vida e obra do autor, mesmo algúns dos que nós non falamos no noso traballo, como o tema dalgunhas obras que nós só nomeamos. Boto en falta música de fondo ou entre cada momento do programa e algún anuncio, o que fai que sexa moi monótono. Empregan un rexistro formal malia que se nota bastante que están a ler. Nalgunhas partes, sobre todo ao principio, non se lles entende moi ben polo excesivo ruído de fondo. Empregan algún castelanismo. O conxunto do traballo paréceme bo.
Publicar un comentario