3 de xuño de 2015

Os últimos anos da ditadura

Por Pablo Jul e Pedro de la Iglesia


8 comentarios:

Anónimo dixo...

Olalla Méndez Nº14 4ªA:
A estructura estrutura é axeitada e correcta: no inicio presentanse e de que van a falar. A actitude é entusiasta e voluntariosa, conseguen co oínte escoite con atención. Introducen o tema de xeito ordeado porque a exposición responde un esquema inicio, nó e desenlance. O desenvolvemento é entretido posto que intercalan preguntas, concursos, anuncio e música. E tamén pechan o programa e despídense do oínte ata a próxima vez.
O contido escollido son os últimos anos da ditadura. Informan de xeito adecuado,a historia contada é fiel a realidade.
A linguaxe é moi boa xa que dánlle moita entonación e entusiasmo o que fai ameno escoitar o programa.
En conclusión creo que foi un programa axeitado e moi traballado.

Anónimo dixo...

Uxía Villamayor Pérez Nº22 4ºA
En xeral, a estrutura do programa é bastante boa, cunha introducción, un nó, e un peche. A entrevista paréceme moi completa, xa que tocan tódolos temas pertencentes a esta etapa. Ademais, explican todo moi ben, e facendo referencias a actualidade, por exemplo din o nome do homeaxeado este ano nas Letras Galegas.

O ton de voz que emprega é moi correcto, escóitase moi ben. En canto a linguaxe, paréceme que se adecúa en cada momento perfectamente, xa que na entrevista, utilízase unha linguaxe máis formal e culta que no concurso,no cal a linguaxe empregada é máis coloquial. O ton de voz é moi expresivo, o que dinamiza o programa. En xeral, paréceme un bo traballo.

Anónimo dixo...

Alejandro Valín:
Gustóume o traballo,diferénciase como en gran parte do traballo a introducción,o nó e o desenlace,A estructura ao falar é correcta,conseguen que o oínte engánchese a escoito do programa.
a entrevista está moi ben xa que é moi completa e tocan tódolos aspectos,gústame tamén que intercalen as preguntas e o concurso.
O son é adecuado,enténdese ben e o ton de voz e correcto.
A linguaxe do programa e formal,e saben distinguir a parte da entrevista da zona do concurso.
O ton de voz dinamiza o programa e axuda a que non se perda o fío.
Pareceume un moi bó traballo que podería ser escoitado calqueira día na radio.
Parabéns aos compañeiros!

Unknown dixo...

Juan Rodríguez Álvarez:
Para comezar este traballo paraceume dos mellores que escoitei. Ten unha estructura inicial moi boa, un desdenvolvemento no que falan moi ben do tema mesturando anuncios creados por eles mesmos e outro que colleron, e finalmente ten un desenlace que remata contando unha obras.
Encanto aos anuncios pareceronme do máis orixinal xa que unha parte a crearon eles e algúns xa existentes pero ben ubicados no traballo?
Co único que podo crear unha crítica foi cando puxeron un anuncio en castelán inda que non é relevante.
O sonido tamen é moi bon.
En xeral gustoume moito o traballo xa que está moi ben elaborado, no que mesturan a seriedade do tema con anuncios de caracter lúdico polo que lles poñería unha boa nota.

Anónimo dixo...

Adrián Latas Castro:
Este traballo está bastante ben estruturado xa que conta cun inicio, un nó e un desenlace, os contidos destaentrevista están bastante ben xa que tocan tódolos aspectos desta etapa da que estaban a falar,e ademais o desenvolven eles mesmos bastante ben.
O son está ben xa que escóitase de maneira clara e a linguaxe está ben xa que cando falan sobre o tema a tratar empregan un tono máis formal que cando estan a facer o concurso,
En xeral é un moi bo traballo.

Anónimo dixo...

Jorge Candal González
A estructura estrutura é ordeada e correcta, ao principio presentanse a eles e ao tema do que van a falar. É unha dinámica moi entusiasta e activa, conseguen que o porgrama resulte máis ameno. Introducen o tema de xeito ordeado porque a exposición responde un esquema inicio, nó e desenlance. O programa é traballado posto que intercalan preguntas, concursos, anuncio e música. E tamén pechan o programa e despídense do oínte ata a próxima vez.
O tema escollido son os últimos anos da ditadura. Informan de xeito serio e claro.
A linguaxe é moi boa e amena escoitar o programa, como xa dixen antes
En conclusión a min gustoume moito o programa

Anónimo dixo...

Iria De Francisco Rubinos Nº10 4ºA
En xeral a estrutura do programa está moi ben xa que conta cun inicio no que se presenta o programa e aos participantes e empregan música para dar comezo aos contidos,e por último un desenlace onde se despiden dos oíntes.

Respeto aos contidos está moi completos e falan dos aspectos máis importantes do tema e utilizan concursos e anuncios para dinamizar o programa e manter a atención dos oíntes.
Utilizan un vocabulario máis formal durante as explicacións e de xeito máis coloquial durante o propio concurso.O ton de voz e moi axeitado e con moita expresividade, o que fai que sexa máis ameno.
Quizais boto en falta a música de fondo pero polo demais está moi ben e felicito aos meus compañeiros polo seu traballo e esforzo.

Anónimo dixo...

Andrés Domínguez Vázquez Nº8 4ºA

A estrutura do programa está correcta, con un incio de música e introducción, un nó e un desenlace.

Respecto a calidade do audio; ésta é boa, pois escoitase correctamente, entonan e preocúpanse por pronunciar ben as palabras.Teñen unha voz dinámica, polo que non aburre escoitar o audio.

Aproveitan ben o tema da radio, pois introducen anuncios facendo máis realista o proxecto.

Os contidos dos que falan están moi completos e documentados,abarcando todos os detalles do tema a tratar.

Falan todo tempo en galego e manteñen un bon diálogo que engancha ao oínte.

Nótase que está ben traballado e en conclusión gustoume moito escoitar todo o programa.