3 de xuño de 2015

Letras Galegas 2015: Filgueira Valverde

Por Gonzalo Corchero, Yago Núñez e Darío Pérez


9 comentarios:

Anónimo dixo...

Natalia Mosquera Pérez:
En xeral, a estructura do programa é boa, respetando o inicio, nó e desenlace.
O contido en si, ó meu parecer, é moi adecuado, mais poderían facer algún tipo de xogo ou entrevista co fin de atraer máis a atención do espectador, xa que é unha entrevista un tanto monótona.
Destacar a súa forma de contar a vida de Filgueira Valverde, a cal está moi ben resumida grazas a datos que dan por puntos. Boa forma, na miña opinión, de asegurar que os oíntes poidan recordar algún dato relevante.
Para rematar, a linguaxe empregada polos meus compañeiros é unha linguaxe adecuada para un programa, mais no inicio deste, costoume un pouco de traballo entender o que querían dicir, xa que o son non era moi bó.
A pesar destes pequenos problemas, pareceme un traballo moi ben feito, cos anuncios axeitados e unha música de fondo para acompañar.

Anónimo dixo...

Alejandro Valín:
A estructura do programa está moi ben,penso que saben diferenciar as partes do tema,e que souperon dividir ben o traballo,o ton de voz é adecuado,intensifica algunhas partes do programa,conta con música que acompaña todo o programa,só melloraría o son,en determinadas partes do programa.
Gústoume que os meus compañeiros falasen de Xosé Filgueira Valverde desta forma,sobre todo na parte da entrevista na que un faise pasar polo entrevistado,Xosé Filgueira Valverde.
Parecéronme moi atractivos os anuncios porque foron feitos por eles mesmos e souperon adecuar o ton.O contido é adecuado e souperon abarcar tódolos aspectos de este autor de literatura Galega.
En todo momento do programa non perdes o hilo e queres seguir escoitando,o que tamén o valoro positivamente.
Fixeron ben o traballo en xeral e eu persoalmente calificaríalles con moi boa nota.

Unknown dixo...

Juan Rodríguez Álvarez:
Dende o meu punto de vista a estructura da entrevista e do programa esta ben, unha música acorde co traballo...
Gustoume o tema da entrevista xa que coñecia a base do tema xa que eu fixen o traballo do mesmo tema, e esta moi ben repartido para que nunca perda o fio.
En canto a crear unha crítica, non tería moito que dicir xa que me gustou, só rechamaría que nalgún momento o son podía ser mellor.
Tal vez outra cousa que vote en falta sexa un concurso ou algo semellante cun caracter máis lúdico inda que os anuncios estiveron moi ben e foron orixinais creados por eles mesmos.
Souperon tratar moi ben os aspectos da súa vida e entrevista foi curiosa xa quel 'entrevistaron' a Xosé Filgueiras Valverde.
Sacando unha conclusión final gustaríame destacar o bon labor dos rapaces e calificaría o traballo con boa nota.

Anónimo dixo...

Estela Cabrera Díaz:
O traballo está ben estruturado, respeta o inicio, nó e desenlace, os cales están bastante diferenciados. En torno ao contido parécenme moi adecuados os datos que nos achegan, puiden coñenecer máis detalladamente a vida e obras de Filgueira Valverde con unha explicación e unha entrevista un chisco máis amena. Os anuncios foron bastante singulares e atractivos,adaptábanse á situación empregando un rexitro máis coloquial , facendo así que estemos máis atentos. A pesar disto boto en falta algún concurso ou algo similar para evitar a monotonía e uniformidade do principio.
A música empregada ao longo do programa paréceme axeitada, pero o volume desta xunto coa non moi boa calidade do audio, dificulta a escoita e pode facer que as veces perdamos o fío. O rexistro da parte explicativa é máis formal e o ton de voz moi axeitado para unha emisora de radio.
A valoración final é moi positiva, vemos que os compañeiros esforzáronse obtendo un moi bo resultado.

Anónimo dixo...

David Román González :
A estrutura do traballo e bastante boa , cunha boa música e cun tono adecuado aínda que por momentos non se entende moi ben , souperon diferenciar ben as distintas partes do traballo.
Gústanme os anuncios e a música de fondo fai a entrevista máis amena , cos temas que se tratan podemos coñecer máis a vida de Filgueira Valverde , en xeral parecem un traballo de dez.

Anónimo dixo...

Adrián Latas Castro:
Eu penso que o traballo está bastante ben estruturado, xa que ten inicio, nó e desenlace. O contido tamén é bastante interesante e adecuado. Os anuncios están ben escollidos xa que xa que tiñan un rexistro un tanto coloquial. A música polo contrario eu penso que dificulta a escoita, aínfda que a música en si é bastante axeitada, e, por outra banda boto de menos un concurso ou algo similar.
A valoración final é moi positiva, vemos que os compañeiros esforzáronse obtendo un moi bo resultado.

Anónimo dixo...

Pablo Agustín Rodríguez Fernández;

Boa estrutura do traballo, respeta o inicio, nó e desenlace, que están ben diferenciados. Gustoume a súa forma de contar a vida de Filgueira Valverde, está moi ben resumida grazas a entrevista na que un faise pasar polo entrevistado,Xosé Filgueira Valverde.Bo to, na miña opinión, de asegurar que os oíntes poidan recordar algún dato relevante. Empregan un rexitro coloquial e un tono de voz adecuado, facendo así que estemos máis atentos, a pesar disto boto en falta algún concurso xa que se fai pouco ameno.
A música, aínda que esta un pouco alto e a calidade do audio non é moi boa polo que dificulta a escoita do programa, paréceme axeitada, cos temas que se tratan podemos coñecer máis a vida de Filgueira Valverde. Eu pondríalles boa nota.

Anónimo dixo...

Alexander Barreiro Pérez:
Estructuraron o programa dunha forma correcta, xa que introducen o programa cun pequeno anaco dunha canción, e van desenvolvendo a biografía de Filgueira Valverde, aínda que según a miña opinión, fixérono tan rápido que quédanseche moitos contidos que non consegues captar, e puideron distribuir as pausas mellor. Despiden o programa perfectamente. Non omitiron ningún contido, xa que fixeorn dunha forma moi completa a biografiá de Filgueira Valverde. O audio escoitábase un pouco mal nalgunhas partes, pero está claro que foi culpa do micrófono, en cambio, noutras partes suben moito o ton de voz, e noutras báixano demasiado, o que dificulta un pouco o seguimento da entrevista e dos anuncios que eles mesmos fixeron. A pesar disto, a música de fondo escoitábase perfectamente e o traballo estaba en xeral ben estructurado.

Anónimo dixo...

Pablo Viña Vila:
Este programa ten unha boa estructura é pódese diferenciar moi ben. Explicaron moi ben a biografía de Filgueira Valverde, e tamén explicaron moi ben as suas obras. Os contidos que nos achegan parécenme moi adecuados. Ten un mal son xa que nalgunhas partes escoitase moi baixo e outras cun ton moi alto, aínda que tiveron este erro foi un traballo moi ben elaborado xa que contiña varios anuncios e a entrevista. O son de fondo pareceume o adecuado e o vocabulario empregado tamén parecéume o correcto.
Felicitacións aos meus compañeiros