2 de xuño de 2015

A narrativa de posguerra, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole

Por Jorge Candal, Adán Carballido e Pablo Viña. 

5 comentarios:

Anónimo dixo...

LAURA SÁNCHEZ CASTEDO N. 21 4B ESO
A estrutura do programa é correcta. Comeza cunha canción e a continuación hai unha introdución que nos presenta o tema. Continua con un nó no que se explica a narrativa de posguerra, e tamén os autores Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole. Inclúen anuncios que é un bo recuso e ademáis un final, xunto con efectos sonoros para concluir o programa de radio.
Os contidos son moi completos, xa que empregan anuncios, música... e sobre todo explican moi ben o referente á literatura nestes tres temas, facendo fincapé no importante. O único que engadiría sería un concurso ou algo semellante para que fose máis ameno.
Por último a linguaxe empregada é moi correcta para un programa de radio, é dicir, hai un rexistro formal, mais a lectura quizais precisa un pouco máis de expresión e soltura.
Aínda así, valoro moi positivamente o traballo dos meus compañeiros.

Anónimo dixo...

Gonzalo Corchero Nº3 4ºB
A estrutura comeza con música, a continuación presentase o programa. A continuación fálase sobre o tema principal, a narrativa de posguerra, centrándose nos autores Álavaro Cunqueiro e Ánxel Fole, intercalan anuncios durante toda a gravación. Para rematar despídense e introducen uns aplausos para concluír.
Os contidos son correctos, pódese apreciar que o traballo de búsqueda de información foi bon, ademais esta separado en varios bloques temáticos ben delimitados e presentados, o que axuda moito. Dentro dos contidos único que engadiría, que é algo pequeno, sería unha música de fondo ou algo semellante para amenizar a escoita.
A linguaxe utilizada é a correcta, úsase un rexistro formal durante toda a gravación. O sonido e bon, tal vez o único que cambiaría sería o ton de voz, que non sexa tan monótono.
Agás estos pequenos detalles pareceume un bo traballo, felicito ós meus compañeiros.

Anónimo dixo...

MARÍA FERNÁNDEZ VILA 4ºB Nº5
A estrutura do programa adecúase ao que se pedía. Ó inicio hai unha canción e unha introducción na que se expoñen os temas dos que van falar. Comezan con Anxel Fole e seguen con Álvaro Cunqueiro. A información sobre estes dous escritores é moi completa (obras, biografía, dificultades...). A continuación explican o contexto no que viviron estes dous escritores, a posguerra. Para rematar despídense e pechan o programa.
Ademais da información completa, insertaron efectos sonoros, música, e anuncios, que fan o programa máis ameno.
A linguaxe empregada é correcta, utilizan un rexistro formal. Nalgúns momentos o ton é monótono e fáltalle soltura á lectura, pero polo xeral a expresión é adecuada e considero que fixeron un bo traballo.

Anónimo dixo...


Ana Paredes Vázquez nº16 4ºB ESO
A estrutura deste programa de radio é moi boa, cunha introdución e un bo final, está moi ben dividido e desenvolto, a música e os efectos son excelentes, xa que fan a escoita máis amena e o anuncio é de boa calidade, aínda que eu o introduciría e non o poñería directamente.
A información é moi completa situando ao oínte na época da posguerra, dando boa información sobre os autores: Ánxel Fole e Álvaro Cunqueiro, o rexistro de voz e a linguaxe emitida adecúanse a dun programa de radio.
A miña valoración é moi positiva, aínda que introduciría unha charla ou algo máis interactivo e a calidade do son é mellorable.
Gustaríame felicitar aos meus compañeiros polo seu incrible programa.

IRiA Y MaRTiTa dixo...

Laura Reija Fonteboa Nº 19 4ºB
A estrutura do programa de radio considero que é moi boa, xa que comezan cunha canción e posteriormente comentan do que van falar durante o audio. Isto permítenos situarnos no tema do que falan. Falan de Anxel Fole e Álvaro Cunqueiro .O final tamén está moi ben. Hai moitos efectos durante o audio e tamén anuncios.
Gústame moito que fagan introduccións ao que comentan.
Os contidos son moi bos e moi completos, xa que falan de moitas cousas onde se pode ver que se informaron perfectamente do seu tema.
A linguaxe é adecuada á situación, a presentación e explicación da narrativa de posguerra.
Pode apreciarse nalgunhas ocasións que están lendo, e tamén algún castelanismo.