7 de maio de 2013

Querida Ana


Por María Corredoira López

Lugo, 14 de febreiro de 2013

Querida Ana:
Desde o día en que te coñecín, souben que ti eras para min e así é. Pensei que te fixeran a medida, porque ti es perfecta, telo todo. Desde uns ollos que deslumbran, ata unha personalidade que parece un soño.
E, co teu permiso, vouche preguntar unha cousiña. Ti sabes que é o máis fermoso dos meus ollos? O reflexo dos teus!
Vouche recordar odía en que nos coñecemos, porque, pase o que pase, ese momento, non o vou esquecer.
Así ocorreu:
Foi o noso primeiro día de escola, cando eramos unhas picariñas comezando infantil. Ti estabas con outra nena, as dúas moi contentas xa que as dúas tiñades ganas de vir á escola; pero eu estaba fortemente agarrada á perna da miña nai, chorando, porque non quería separarme dela. Pero de súpeto, cando ti me  viches, como boa amiga que es, viñeches correndo e preguntáchesme se quería xogar contigo. Entón eu fun contigo a xogar e, grazas a ti, deixei de chorar. Así é o como comezou a nosa amizade.
Xamais pensei que unha rapaza tan pequena coma ti lle podería dar a volta á miña vida, que puidera facerme feliz para sempre. Pero cando te coñecín, decateime de que estaba moi equivocada.
Quérote moitísimo, tanto que se cada estrela do firmamento significara o moito que eu te quero, sentíndoo moito, teño que dicirche que non hai estrelas suficientes no firmamento.
Un bico moi grande para unha amiga sen fin.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Por Andrea Polo:
Unha carta moi bonita na que se ve o amor de dúas amigas verdadeiras e que resalta o verdadeiro valor da amizade. Eu penso que aínda de todo o que dixo, quedouse con palabras na boca.