Por Laura Sánchez
Nesta páxina web de XANELA, tamén podemos facer mención aos grupos de fútbol do Maristas: Benxamín e Prebenxamín en fútbol 8. A maioría de partidos foron gañados e a minoría empatados ou perdidos. Os últimos partidos foron nun torneo en Ribadeo. Aínda quedando de terceiros, estes nenos saben que gañar non o é todo e que o importante é participar e apoiarse os uns aos outros. Por isto, cando lles preguntamos como ven o seu fútbol responden que o ven como unha boa forma de facer novas amizades e de destacar que o esencial e saber que podes contar co apoio dos teus compañeiros.
Os xogadores agradecen aos adestradores: Rodrigo e Manel, toda a paciencia e o traballo achegados. Tamén agradecen aos pais e aos compañeiros que sempre estiveron dispostos a animalos ata o final.
Ningún comentario:
Publicar un comentario