Por Sara Corredoira
O PASADO LUNS OS CATIVOS DO
COLEXIO LUCENSE REALIZARON UNHA SAÍDA A VARIOS CENTROS CULTURAIS DA CIDADE
HERCULINA.
Os rapaces e rapazas que este ano cursan primeiro da ESO
no colexio Maristas de Lugo, pasaron o día na cidade coruñesa.
Aínda que para moitos dos cativos o ellor foi a Domus ou Casa do Home, un
museo no que os rapaces puideron manexar todo tipo de actividades relacionadas coas tecnoloxías
de hoxe en día.
Chegaba a hora do xantar, a Domus ofreceulles cobixo e
comedor durante pouco máis de media hora. Aínda que para pouco lles deu a hora
de xantar, xa que rapidamente tiveron que voltar ao autocar para
emprender unha nova viaxe, esta vez ao Planetario.
Varios pisos cheos de moitos, moitos aparellos deixaron
confusos a algúns rapaciños, que parece ser que non tiñan a suficiente idade
como para entender tódalas actividades.
No Planetario puideron aprender a mirar ao ceo, as estrelas e os nomes
das constelacións máis importantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario