Cartas
de inverno, de Agustín Fernandez Paz é o libro que máis me
gustou ata agora dos que tiven que ler no colexio, xa que é unha
novela de misterio, suspense e intriga. Este é un xénero que me
gusta.
Fala
da atracción das forzas do mal que arrastran as personaxes ao mundo
de ultratumba. As pantasmas e o mundo das pantasmas intríganme.
A
historia cóntase en forma epistolar o que permite certa análise
psicolóxica.
Na
miña modesta opinión os libros de misterio deberían ser escritos
así sempre, con cartas, porque iso engade un maior suspense e unha
maior intriga.
Os
escenarios están moi ben descritos.
Os
protagonistas son xente nova, chea de ilusións. Tanto Adrián como
Xabier son dúas persoas soñadoras e loitadoras. Ámbolos dous
abandoaron a súas carreiras para poder cumprir os seus soños.
Ádrian ser pintor e Xabier novelista.
Ten
un final aberto xa que crea un clima de intriga e suspense e somos
nós os lectores os que temos que imaxinar o final da novela. Creo
que os límites entre a realidade e a ficción se dilúen, e non nos
damos conta de que estamos a entrar na historia.
Na
maneira de escribir, Agustín Fernández Paz recórdame aos autores
de novela negra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario