 |
Alumnos de 4º de ESO recitando a Rosalía |
O pasado día 22 de febreiro varios centros da cidade de Lugo acudimos ao parque Rosalía de Castro para realizar un recital poético de Cantares Gallegos. Fomos convocados polo EDL do Colexio Divino Maestro.
É sabido que Cantares Gallegos se publicou un 17 de maio, pero a data do 22 de febreiro era a lectiva máis próxima á data de nacemento de Rosalía, que foi un 24 de febreiro de 1837. O acto foi dirixido por membros do EDL do citado colexio. Nel interviron persoeiros coñecidos da nosa cultura: Marica Campo, en nome da AELG (Asociacións de escritores en Lingua Galega), leunos un manifesto elaborado para a ocasión e para os distintos actos que se celebraron nesa fin de semana pola nosa Galicia; Darío Xohan Cabana recitounos un poema de Luís Pimentel.
Algúns dos nosos alumnos de 4º da ESO fixeron a súa achega ao recital coa lectura do poema 22 de dita obra “Mais ó que ben quixo un día…”. Tamén acudiron ao acto, como público, outros alumnos de 2º e 1º da ESO.
Por último, sinalar que contamos coa presenza “dunha menina gateira” que abriu e pechou o acto. Interpretou maxistralmente, para finalizar o acto, O Himno do Antigo Reino de Galicia.
Galería de fotos do recital poético
Ningún comentario:
Publicar un comentario