Por María López.
O partido deste sábado foi disputado entre os Rompebolas, Slenders e Rompetechos.
O marcador inagurouno o equipo Rompebolas, que foron marcando o ritmo durante todo o partido. seguíronos de preto os Rompetechos, cuxos membros eran de 2º e 3º da ESO, con evidente desvantaxe de idades fronte aos demais equipos. A pesar desta clara diferenza, o seu marcador foi sumando puntos seguindo de preto aos Rompebolas.
Por parte dos Slender, o seu traballo en equipo foi cualificado como: "un poco chapuceiro"
A pelota esvaraba constantemente das mans dos Slenders e a súa técnica ao lanzar a bóla era do menos deliberada.
En xeral, a técnica dos equipos era pouco práctica, xa que tardaban demasiado en sacar a bóla para anotar posibles puntos, dándolle vantaxe á boa colocación da defensa dos contrincantes.
Un dos factores determinantes do partido deste sábado foi o tempo, xa que o vento foi un duro impedimento para que se puidera xogar nunhas condicións óptimas. O chan mollado tamén foi unha das maiores desvantaxes, propiciando aos xogadores esvaróns e caídas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario