Remake de The Breakfast Club (1985)
Un criminal, un atleta, un cerebro, unha princesa e un caso perdido. Seguro que coñecedes a algún rapaz do instituto que responde a estes estereotipos. Pois ben, imaxinade a estas cinco persoas castigadas a pasar un sábado na biblioteca do instituto, durante oito horas e cincuenta e catro minutos. ¡Poden saltar chispas! Ésta é a trama que segue The Breakfast Club, comedia de culto dos oitenta para adolescentes escrita e dirixida por John Hughes.
Moitas veces os rapaces déixanse levar polos medios de comunicación e intentan imitar ós seus heroes, para diferenciarse do resto e chamar a atención. A globalización fai que estes modelos de conducta se extendan polo mundo. Nembargantes, a película trata de desenmascarar estes clichés e demostrar que estes cinco adolescentes poden convivir xuntos (aínda que só sexa por unas horas), falar, divertirse e abrirse ós outros. Vixiados polo director, a medida que pasan as horas descubren que cada un deles vai máis alá da súa respectiva etiqueta.
A nosa curtametraxe recolle a esencia do argumento e trasládao á cidade de Lugo, dándolle vida ás personaxes a través dunha serie de caracteres locais. De este modo, mostra as particularidades de cada un destes estereotipos, que se reflexan no aspecto físico e a forma de actuar de cada un deles, así como na linguaxe característica da xente nova e os diálogos, sen perder a autenticidade e a frescura duns rapaces que se esforzan por entrar no mundo adulto.
12 comentarios:
Este apartado é quizais o que máis me gusta. É unha película moi interesante na miña opinión, e o corto que fixeron os alumnos de Camino na clase de plástica, e a vez unha idea moi diferente as que se poden atopar. Posto que é unha historia de adolescentes, moitos pódense sentir identificados.
María La.
Gústome moito a idea de que os alumnos reuníranse para poder facer un curtometraxe, nos que todos ou case todos puideron participar, ben na realización da película ou ben na hora de facela.
Foi moi divertida e entretida.
María López
Gustoume moito o cortometraxe da pelicula que vimos na clase, fixerenno moi ben e con moitas ganas
Lillo
etivomoi ben efoi moi interesante os actores fíxerónoio ben jajajaj.
juan tosar
Iván-Gustoume moito a montaxe,xa que nós os alumnos de terceiro da ESO xa vimos a pelicula orixinal,sen dubida esta ,moi traballado.
Gustoume moito o cortometraxe da pelicula que vimos na clase, os rapaces e rapazas o fixeronmoi ben , e pareceuse moito a película.Maravilloso de verdad !
Alaán :)
noraboa polo premio. está moi bien montad e está moi entretido
Gustoume moito , esta moi ben feito , noraboa
Lucia I
gustoume ainda que non se escoita moito
andres 3ºA
Gústame moito porque a maioría dos adolescentes síntense identificados con algunha das personaxes.
Silvia Fdz. 3ºA
Un moi bo traballo realizado polos alumnos e moi divertido, pareceme moi interesante noraboa.
Paloma!
marta di:
xeniaaaal
Publicar un comentario