Por Laura Reija Fonteboa
Hoxe día 24 de Marzo vou a facer unha entrevista a tres nenos que participan na xornada deportiva e solidaria: BOCATA SOLIDARIO no colexio Maristas de Lugo
¢ Javier Galocha 3º de primaria (9 anos)
¢ Iago Fernández 3º de primaria (9 anos)
¢ Alberto Reija 3º de primaria (9 anos)
- Que é o que máis vos gusta do Bocata Solidario?
-Javier- A min o que máis me gusta son os xogos. Pasámolo xenial cos nosos amigos e máis aínda, se os nosos mestres son os árbitros.
-Iago- A min o que máis me gusta é comer cos amigos no colexio.
-Alberto- A min encántame ir a kárate e que os meus compañeiros poidan ver todo o que sei. Creo que o fixen bastante ben polas notas que me deron os xuíces.
- Gustouvos a nova idea de poñer unha Wii para entretervos?
-Javier- Si. Divertinme moito xogando ó tenis.
-Iago- Eu non xoguei nada á Wii, porque a min o que me gusta é xogar ó fútbol pero compañeiros meus foron a xogar bastantes veces.
-Alberto- A min pareceume xenial pero eu non xogo moito á Wii.
- Gustouvos que viñeran os de San Vicente de Paul?
-Javier- Si. Creo que foi unha boa idea invitalos a pasar o día connosco.
-Iago- Eu non os coñezo moito, pero sei que son boa xente e que lles gusta a nosa compaña.
-Alberto- Pois claro que si. Son persoas con discapacidades pero son iguais a nós, polo tanto temos que acollelas. Son simpáticos e agradables e tamén moi traballadores, xa que fan moitas cousas: cerámicas, velas …
- Parecéronvos xustas as regras dos xogos e dos deportes?
-Javier- Non moito, xa que todos os mestres non pensan igual ca nós.
-Iago- A min parecéronme totalmente xustas.
-Alberto- Creo que foron xustas aínda que houbo cousas que non se asemellaban nada ós xogos que estamos acostumados a practicar.
Como podedes observar estes nenos de 3º de Primaria do colexio “Irmáns Maristas” de Lugo, están gozando moito desta xornada que ano tras ano se celebra neste colexio.
Tamén teño constancia de que o resto dos rapaces o están pasando xenial. Nas súas caras vense moitos sorrisos e ganas de que o día non remate.
Ningún comentario:
Publicar un comentario