16 de mar. de 2012

CARTA DE AMOR

Por Laura Sánchez

Lugo, 3 de febreiro de 2012


Querida Galicia:

Fuches a terra onde me criei, onde nacín e onde vivirei. O que máis me gusta é observar as incribles paisaxes que tes, onde se pode pareciar a natureza dunha forma diferente. Tódolos días penso que é unha sorte vivir aquí, porqu é algo único, que transmite unha sensación de tranquilidade e agrado.

Os teus animais e os verdes campos cheos de diversas flores e árbores, fan de Galicia un lugar perfecto.

Grazas polo que nos aportas, polo que nos ofreces e pola axuda que sempre nos estás a dar.

Por iso, todos deberiamos de coidarte e pensar que es a mellor, lugar recomendado para que unha persoa poida vivir feliz, nas cidades que te compoñen e que tanto me gustan.

Grazas polo galego, pola lingua tan especial para todos os galegos. Aínda que case non se coñeza en España, aquí o galego é sagrado para nós, igual ca ti.

Por iso “Vivamos como galegos” porque o somos e estamos orgullosos de selo. Por iso esta carta de San Valentín é para ti porque a mereces.

Grazas por todo.

Laura Sánchez. 1º A ESO



P.D: Todos debemos respectarte e, polo menos eu vouno facer.

Bo San Valentín.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Paréceme fermosísimo o que din esta nena.Demostrea oseu amorpolasúa terra.Creo que dos tres que estan aqui este é o mellor.