25 de mar. de 2011

CARTA DE AMOR 1º ESO

Por Manuel Sanjurjo Penas 

 
Ola:

Eu para isto non sirvo. Teño que escribir unha carta de amor. Pensei en ti. Abúrrome moito desde que marchaches para A Coruña: as clases non son o mesmo que eran antes. A túa conversa , o teu sorriso, a túa amabilidade, a túa dozura, a túa ledicia…todo o boto de menos.
Lémbrome da túa primeira comuñón :  vimos os Simpson, fixemos pulseiras, atopamos un lagarto ao que bautizamos co nome de Rodolfo…foi un día estupendo!
Foi unha Ledicia tremenda cando falamos a través do correo electrónico. Pasaran tres  anos! Nas fotos que me enviaches non te recoñecín nun primeiro momento mais ao reparar na túa cara si voltei a ver o teu sorriso. Nova vida, novos amigos e amigas no teu novo colexio Marista Cristo Rei.
Voltamos a falar do que nos gusta, do que facemos. Son conversas breves pero que me ilusionan:
Que se vas de finde á neve, que se non che gusta Justin  Bieber aínda que si como canta…e todo remata coa mesma frase: “Escrito desde mi Ipod”
 Viva a tecnoloxía!

Adeus         

      Un bico (ou dous)

Ningún comentario: