7 de maio de 2013

Para a miña mellor amiga


Por Sara Corredoira López.

14 de febreiro de 2013

Para a miña mellor amiga:
Aínda que non sei se chegarás a ler esta carta, entráronme as ganas de explicarche dalgunha maneira todo o que fixeches por min, polo que, aquí empezo.
Ás veces pregúntome de onde saíches, pero non encontro resposta. Intento asimilar pouco a pouco a túa femosura e a túa maneira de ser. E agora, pregúntome, por que fixeches todo isto por min? Por que nos momentos máis difíciles me fixeches  erguer? Por que cada mañá me fas sacar un sorriso?
E agora doume conta de que che debo máis que  unha.
Non sei se es capaz de recordar o día no que te vin por primeira vez, xa hai anos. O mellor día da miña vida sen dúbida, o día no que coñecín a persoa que me faría feliz para sempre.
Neste mesmo intre, esteas onde esteas, quero agradecerche os momentos nos que me fixeches chorar da risa, nos que e ensinaches a apreiar á xente como verdadeiramente o merece e, sobre todo, grazas por facerme gozar cada minuto da vida.
E xúroche polo que máis queiras que sempre, sempre, pase o que pase, te vou recordar pola perfecta silueta dos teus beizos, polo teu nariz medio achatado, polos teus ollos de caramelo e, por riba de todo, polos agarimos que mostraces cara min.
Unha vez máis, téñoche que dicir que te quero.

Ningún comentario: