7 de maio de 2013

Querido Jacobo


Por Lucía Solián Saco


Querido Jacobo:
Non sei moi ben porque fago esta carta, pero según escribo decátome de todo o que che teño que dicir e nunca che dixen.
És o que máis quero neste mundo e o  único polo que daría a vida.
O que me vas ensinando día a día é que un irmán é o mellor agasallo da túa vida que che fan os teus pais. Dá igual que sexas o pequeno ou o maior, o agasallo é igual de bo.
O que che quero dicir é que te quero e arrepíntome de non cho dicir moitas veces máis.
E tamén que todos os obstáculos que superei na miña vida foron para poder volver a verte, dicirche que te quero e que daría todo por ti. Ata chegaría a fin do mundo por ti.
Quérote.

Ningún comentario: