Persoalmente o libro gustoume moito, quizais nesa opinión
haxa algo de influencia de que eu sexa unha gran admiradora dos libros de
misterio.
Na miña opinión o principio é a parte máis aburrida do
libro, xa que non ocorren cousas moi interesantes, pero é o comezo de toda a
historia e é onde xorde o misterio. Dende o momento no que Tareixa abre o sobre
pódese sentir algo emocionante e intrigante, vai ocorrer algo que cambiará todo
o coñecido.
A medida que Tareixa vai lendo o contido do sobre, a
historia envolve máis ao lector. O misterio que rodea o sucedido invita a
seguir lendo e o medo éncheche o corpo cando sabes o que de verdade ocorre.
O autor mantén a intriga ata o final, aínda deixando boa
parte do misterio sen resolver, quedando este á imaxinación do lector.
Recomendaría o libro a todo o mundo amante do misterio,
do terror e da intriga. É unha lectura perfecta para as tardes aburridas de
domingo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario