Por Iria de Francisco Rubinos
Xornada colectiva co fin de recadar bens
Lugo,24 de Marzo do 2012
Os alumnos do colexio Maristas de Lugo realizaron unha xornada colectiva o Sábado 24 co fin de recadar bens para que unha escola puidera contar con autobuses e axudar así aos nenos que teñen que acudir a ela percorrendo moitos quilómetros.
Nesta xornada poden participar todos os alumnos/as, pais, nais e mestres dos Maristas.
Esta actividade contou con xogos como ping pong, frontón; con deportes como fútbol e baloncesto e para os especialistas realizouse un concurso de triples. Ademais de todas estas actividades tamén houbo xogos da Wii como o just dance ao que Laura Reija afirmou que era moi entretido xa que lle gusta moito bailar.
Por se fora pouco había un bingo-pongo no que calquera podía participar e recibir premios que outras persoas non querían e os doaron. Laura Sánchez di: “non lle mires o dente”.
O que máis lle gustou a todos estes rapaces foi poder tirarlle globos cheos de auga aos seus mestres, o que moitos aproveitaron coma unha vinganza por darlles unha mala nota.
E para repoñer forzas despois dunha longa xornada todos os nenos contaron cun bocadillo de chourizo ou salchichón, unha botella de auga e unha onza de chocolate.
Pola tarde todo continuou ata as seis menos cuarto aproximadamente, logo os rapaces abandonaron o patio do colexio ata o próximo luns.

3 comentarios:
un dia apaixoante cos amigos
pareceume moi interesante ya que fun pareceume moi divertido tiña que haber mellor cordinacion
alberto caloto
pareceume moi divertida a tarde en que se realizou esta actividad, gustoume moito porque estiven compartindo tempo con as miñas amigas
Juliana Casataño
Publicar un comentario