Feito por: Laura Díaz Seco
Recordo o outono que pasei na miña aldea, Bretoña, o 20 de novembro; refuxiámonos no merendeiro, xa que estaba chovendo. Poucos paxaros piaban, podía sentir o frío recorrendo todo o meu corpo, levaba o plumífero e as botas que non collen a auga; non quería imaxinar como sería o inverno alí. As gotas da choiva chocaban contra o chan, era moi relaxante, tamén podías escoitar as pólas das árbores en movemento polo vento. Algunha que outra folla caía das árbores, estaban xa secas; a piscina estaba cuberta, no verán teremos que limpala.
O merendeiro non resistía a auga e algunha que outra gota de auga caíannos na cabeza.
Decidín subir á casa, as miñas botas pisaban as follas secas cun ruído que a min sempre me fixo moita graza e tamén esquivaban os charcos de auga provocados pola choiva.
Cando cheguei á casa tiña o pelo empapado, quiteime as botas, cheas de barro e púxenme as zapatillas. Subín á habitación e mirei pola ventá, recordando a olor da herba mollada; a fonte estaba chea de auga e as gotas golpeaban a miña ventá. Podía ver o sauce, que movía as súas longas pólas no sentido do vento. As árbores estaban podadas, tamén o estaba a árbore na que trepabamos a miña irmá e mais eu anos atrás.
Esta aldea traíame moitos recordos; coma cando xogabamos ao escondite e eu sempre me agochaba na mesma árbore, daquela tan chea de follas e agora non había nin rastro.
Algunha persoa corría á súa casa refuxiándose da choiva.
Collín unha taza de leite e enchina do leite quente, púxenme unha manta por riba e lin o meu libro favorito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario